Benvid@ a ondanois, humilde recuncho da rede onde atoparás información e opinión para diagnosticar axeitadamente o "momento histórico" que estamos a vivir e afrontalo con unha xestión económico-política ao servizo das maiorías sociais dos pobos do mundo.

miércoles, 5 de octubre de 2011

Tranquilos, non pasa nada!, mais xá temos “corralito”.


Malia os esforzos dos grandes medios de comunicación, todos eles en mans do Gran Capital, de manternos debida e intencionadamente desinformados con un bombardeo de noticias e opinións enfocadas a desviar a atención das auténticas raices do problema, levando o debate alí onde lles sexa, non só menos perxudicial, senón máis rendibel para os intereses do Gran Amo, a gravidade da situación é o suficientemente evidente que de cando en vez todos os esforzos tórnanse insuficientes, a realidade está tan cruda que se fai inmasticabel.

Ven isto a conta porque o goberno do estado, privado da soberanía monetaria como consecuencia de toda unha recua de acordos, tratados e pactos que se remontan a Maastricht e rematan en Lisboa acatando de pleno os ditados neoliberáis e exercendo de avalista do sistema financieiro privado ante os accreedores internacionáis, vese obrigado a desfacerse dos seus bens, dos bens de todos, para segundo eles, reducir o déficit e cumprir cos compromisos de pago dos xuros de unha débeda que é a todas luces ilexítima. Ante esta situación, deciden vender unha parte importante de “Loterias y Apuestas del Estado” a inversores privados (decisión que non comparto mais non é o obxetivo desta nota entrar a facer valoracións, xá falaremos largo de privatizacións) e unha vez que remata o proceso técnico da segregación, anunciada a bombo é platillo por todos os medios públicos e privados, xurde a complicación, ou mellor dito, a contradición.
A principios da semana pasada publícouse unha nota en algunhos medios denunciando o malestar da banca española coa oferta pública de venta (OPV) de Loterías y Apuestas del Estado, por unha banda parecialles que a parte da tarta que levaban era pouca, a fame e voraz, por outra, competía directamente coa emisión de pagarés seus que teñen agora no mercado, aquí só como eu e por outra, temian que pequenos inversores retirasen depósitos bancarios para mercar as accións, a tua comida na miña despensa e nin se che ocurra tocala. Unha semana despois todos sabemos que se paralizou a OPV xustificando a decisión con unha inxenua disculpa.
Pois o soberbio exercicio do poder por parte do sistema financiero sumado a súa situación de deterioro nos derradeiros meses, desde que se iniciou o proceso da OPV ate o día de hoxe, posibilitou que os seus propios medios de comunicación nos informasen da existencia dun “corralito”. Ou non lle chamamos “corralito” ao conxunto das accións adicadas a impedir a retirada de depósitos de unha entidade bancaria por temor á súa quebra?.

No hay comentarios: