Benvid@ a ondanois, humilde recuncho da rede onde atoparás información e opinión para diagnosticar axeitadamente o "momento histórico" que estamos a vivir e afrontalo con unha xestión económico-política ao servizo das maiorías sociais dos pobos do mundo.

sábado, 8 de diciembre de 2012

Bernardo Valdés Paços, Miren Etxezarreta e Luciano Vasapollo nas Xornadas Internacionais de Economía.

De novo quero compartir con tod@s vos as intervencións de Bernardo Valdés Paços, economista galego, Miren Etxezarreta, economista basca afincada en Catalunya e de Luciano Vasapollo, economista italiano. Tres fantánticas intervencións para invitarnos a reflexionar.


martes, 27 de noviembre de 2012

Adrián Sotelo e Mª do Carme García Negro nas Xornadas Internacionais de Economía.

Esa férrea veda ideolóxica imposta polo Pensamento Único ficou aberta esta pasada fin de semana na Cidade de Lugo no marco das Xornadas Internacionais de Economía organizadas por FESGA coa colaboración da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, razón de máis para compartir con tod@s vos as ponencias e debates alí celebrados.
Adrián Sotelo, sociólogo mexicano e Mª do Carme García Negro, economista galega, foron os encargados de rachar o silencio imposto polas neoliberais clases dominantes. 


sábado, 17 de noviembre de 2012

Conferencia de Álvaro García Linera, Vicepresidente do Estado Plurinacional de Bolivia.

Quero compartir con tod@s vos esta fantástica conferencia de Álvaro García Liñera porque creo, coma él, que a soberanía dos pobos é posibel, que a xustiza é posibel, que outro mundo é posibel se seguimos a traxectoria correcta.


jueves, 15 de noviembre de 2012

Xornadas Internacionais de Economía


Para todos aqueles que teñan inquedanzas sobor da situación económica que padecemos estou seguro que estas Xornadas van ser da súa interese. Recomendo a asistenza, poucas veces se ten a posibilidade de escoitar a Persoeiros de semellante relevancia na Economía Política. Sen dúbida, todo un luxo para a Cidade de Lugo.

Lugo, 23 e 24 de novembro de 2012 – Organiza a FESGA coa colaboración da VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN DE LUGO


Programa das Xornadas Internacionais de Economía
Venres 23 de novembro:
16:30 h.- Recepción de participantes
17:00 h.- Acto de apertura das Xornadas
Manuel Mera, Director da FESGA
António Veiga Outeiro, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo
17:30 h.- Adrián Sotelo Valencia – México. [Sociólogo; Doutor en Estudos Latinoamericanos pola FCPyS da Universidade Autónoma de México; Investigador no campo da socioloxía do traballo e da Teoría da Dependencia no Centro de Estudos Latinoamericanos da FCPyS da UNAM]:
A xénese da crise. Unha visión desde a Teoría da Dependencia.
18:15 h.- Debate
18:45 h.- María do Carme García Negro – Galiza. [Economista; Doutora en Ciencias Económicas; Profesora Titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela; Investigadora no campo da Economía Pesqueira]:
A presente crise: unha interpretación sistémica.
19:30 h.- Debate
20:00 h.- Peche da sesión.
Sábado 24 de novembro – Sesión de mañá:
09:30 h.- Recepción de participantes
10:00 h.- Bernardo Valdês Paços – Galiza. [Economista; Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela; Profesor da Área de Economía e Política Agraria da Universidade de Santiago de Compostela; Investigador no campo da Economía e Política Agraria]:
Sistema agroalimentar, mundializaçom e  crise: o caso galego.
10:45 h.- Debate
11:15 h.- Miren Etxezarreta Zubizarreta – Cataluña. [Economista; Doutora en Economía pola London School of Economics e pola Universitat Autònoma de Barcelona; Catedrática Emérita de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona; Investigadora nos campos da Economía Agraria, Política Económica e Desenvolvemento Económico; Integrante do do Colectivo de Economía Crítica “Seminario TAIFA”]:
A incidencia da Unión Europea na economía e nas políticas económicas do Estado español.
12:00 h.- Debate
12:30 h.- Descanso
12:45 h. Luciano Vasapollo – Italia. [Economista; Doutor en Análise Económico-Matemático-Estatístico dos Fenómenos Sociais pola Universidade de Roma “La Sapienza”; Profesor de Análise de Datos de Economía Aplicada na Universidade de Roma “La Sapienza”; Director Científico do Centro de Estudos das Transformacións Económico-Sociais (CESTES) e da Revista PROTEO; Investigador nos campos da Estatística Económica, Transformacións Socio-económicas no Mundo do Traballo e Economía Aplicada]:
Os efectos sociais da crise na Europa.
13:30 h.- Debate
14:00 h.- Peche da sesión.
Sábado 24 de novembro – Sesión de tarde:
16:30 h.- Pedro Carvalho – Portugal. [Economista; Asesor no Gabinete Técnico da União de Sindicatos do Porto da CGTP-IN]:
Saír do euro? A moeda única europea a debate.
17:15 h.- Debate
17:45 h.- Rita Martufi – Italia. [Economista; Doutora en Economía pola Universidade de Roma “La Sapienza”; Investigadora socioeconómica; Integrante do Comité Científico do Centro de Estudos das Transformacións Económico-Sociais (CESTES) e do Comité de Programación Científica da Revista PROTEO; Representante da Federación Sindical Mundial diante da FAO]:
A saída á crise: cambio de modelo ou cambio de sistema?
 18:30 h.- Debate
19:00 h.- Acto de Peche das Xornadas
Xesús Seixo – Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega – CIG
19:30 h.- Remate das Xornadas

jueves, 25 de octubre de 2012

O deseño do futuro, imos deixálos?

Nesta entrevista Nouriel Roubini, exercendo de portavoz, fica ben clariño cales son os planos do Gran Capital para solucionar a súa crise, a crise que eles mesmos crearon e que estamos a pagar as clases populares. 



lunes, 20 de agosto de 2012

A Teoría da Dependencia

A chave para a interpretación da situación socio-económico-política do noso País podémola atopar na Teoría da Dependencia e ninguén mellor que tres dos seus fundadores para achegarnos a ela.



viernes, 13 de julio de 2012

Causa ou síntoma?


Perante a situación económico-política de emerxencia á que estamos enfrontándonos compre identificar con claridade a causa orixinaria da mesma e non confundila, de ningún xeito, coa sintomatoloxía que manifeste, ou pola contra o diagnóstico resultará tan erróneo como inútiles as medidas para arranxar a desfeita.
Resulta evidente que estamos perante unha crise de caracter sistémico, é dicer, unha crise do sistema capitalista froito das súas propias contradicións. Non se pode manter un incremento da taxa da ganancia tendente ao infinito nun entorno de recursos limitados sen desequilibrar a balanza Capital/Traballo en favor do Capital xerando unha polaridade abismal do reparto da riqueza. Velaquí a causa orixinaria da Crise, nada máis sinxelo.
Chegados a este punto, é incuestionabel que a loita de clases define o marco da procura de solucións, na que polo de agora, o Capital leva clara vantaxe amparado xurídicamente por unhos Estados disfrazados de democráticos e debidamente diseñados á súa medida. Neste contexto, unha das estratexias da súa loita consiste en abrir un enganoso debate ao redor da sintomatoloxía que lle permita agochar a causa orixinaria para procurarse unha posición que lexitime o seu privilexio fronte ás clases populares.
Graves problemas como a crise financieira, a débeda, o déficit e o desemprego non son máis que os grandes síntomas desta Crise, xa que logo, desenvolver unha estratexia anticrise centrada en darlles solucións de xeito individual soamente agravará máis a situación para as clases populares, tal como está a suceder.
Non é casualidade que a meirande parte da clase política, aqueles que fan bo o dito de “todos son iguais”, contando coa colaboración dos grandes e non tan grandes, medios de comunicación propiedade do gran capital, centren a súa actividade a reducir o debate ao redor da sintomatoloxía. Ben saben que a supervivencia do Sistema pende dun fío, un fío que as clases populares poden cortar en calquera momento se o centro do debate, desviándose da sintomatoloxía, se centrase na causa orixinaria.
É por isto fundamental que a Economía Política se instale no centro do gran debate destos tempos para espir ideolóxicamente as teses doutrinais económico-políticas desenvoltas para xustificar o salvamento do Sistema propiciando o troco cara a un modelo económico-social pernicioso para as clases populares, a inmensa maioría social do País e do resto do mundo.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Banca pública galega xá.

Xá era hora que se tomase esta iniciativa, a axenda política do noso País require de iniciativas alternativas. De momento permitirá abrir un debate no seo das clases populares galegas. Hai alternativas, hai solucións, hai pobo, hai futuro, vaiamos camiñando!.



sábado, 21 de abril de 2012

Economistas da Universidade de Londres avogan pola reforma ou a saída da Zona Euro para enfrontar a crise da débeda pública.




Os autores (C. Lapavitsas, A. Kaltenbrunner, D. Lindo, J. Michell, J.P. Painceira, E. Pires, J. Powell, A. Stenfors, N. Teles) vinculan a crise da débeda grega aos superávit externos alemáns.

Segundo os economistas do grupo de investigación Research on Money and Finance da Universidade de Londres a crise da débeda pública dos países periféricos da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Italia, Portugal e España) ten a súa orixe nos superávit por conta corrente de Alemaña e avogan pola reforma ou a saída da Zona Euro para enfrontala. Estas son as dúas principais conclusións do seu recente informe "Eurozone Crise: Beggar Thyself and Thy Neighbour" ("A crise na Zona Euro: Empobrecéndote a ti e ao teu veciño").

Segundo explican, debido ás restricións impostas pola Unión Monetaria Europea, a economía alemá puido gañar competitividade durante a época de crecemento anterior á crise unicamente sobre a base de contraer os salarios internamente. Mentres que isto ocorría, os superávit externos logrados sostivéronse sobre os déficit paralelos de economías como a grega ou a española. Coa chegada da crise en 2007 e 2008, o BCE saíu ao rescate dos bancos, atendendo as súas necesidades de liquidez. Con todo, a partir de 2009, cando foron os Estados os que necesitou o financiamento do Banco Central, este mirou cara a outro lado. Isto obrigou aos gobernos a exporse á especulación dos mercados financeiros, ameazando as contas públicas. Deste xeito, agora os países periféricos ven obrigados a impor unhas severas políticas de austeridade, cunha condicionalidad semellante á dos préstamos do FMI, pero sen recibir ningunha axuda en forma de préstamo.
Fronte a esta situación, segundo os economistas da Universidade de Londres, só existirían dúas saídas alternativas para eses países. Unha, que se impulsase unha reforma profunda da Zona Euro, cunha maior liberdade fiscal para os Estados membros, un orzamento europeo ampliado e o establecemento dun salario mínimo a escala europea, entre outras medidas. A outra opción, sería a saída da moeda única, o que implicaría unha depreciación e unha reestruturación inmediata da débeda, ademais de medidas como a nacionalización da banca, a posta en marcha dunha política industrial e un reequilibrio do balance político e económico a favor do traballo.



Para máis información: www.researchonmoneyandfinance.org  

viernes, 20 de abril de 2012

Congresso Internacional Marx em Maio

Acontecementos como este Congreso, a celebrarse en Lisboa a primeiros de Maio, permiten agardar o futuro con optimismo. 


                                                         marxemmaio.wordpress.com/





sábado, 11 de febrero de 2012

O diñeiro é débeda I e II.

Estos dous documentais resultan de utilidade para comprender o funcionamento do Sistema Monetario como mecanismo do sistema capitalista.
Recomendo a súa visualización e posterior espallamento, son moi pedagóxicos.
De novo, espero que vos axude a comprender.





jueves, 2 de febrero de 2012

Entrevista a Richard Heinberg

Interesante entrevista a Richard Heinberg publicada hoxe polo diario dixital Rebelión sobor o Peak Oil.



miércoles, 25 de enero de 2012

Inside Job

Este documental relata o desenlace da crise financieira global. É un bó traballo sobre a sintomatoloxía mais non entra no máis importante, a causa da mesma. 


  

lnside J0B - Trabajo Interno - dobaldo a Español - Hispano from Javier Catania on Vimeo.

jueves, 19 de enero de 2012

viernes, 13 de enero de 2012

Oil Crash e a ofensiva imperialista.

Deixovos con unha pequena charla de Antonio Turiel Martínez, investigador do CSIC en Oceanografía Física e autor do blogue The Oil Crash na que, aparte de cuestionar o sistema económico vixente (capitalista), pronostica unha loita polo control dos recursos por parte das potencias imperialistas. Os acontecementos do norte de África, Medio Leste e Asia parecen confirmar ésta teoría.