Benvid@ a ondanois, humilde recuncho da rede onde atoparás información e opinión para diagnosticar axeitadamente o "momento histórico" que estamos a vivir e afrontalo con unha xestión económico-política ao servizo das maiorías sociais dos pobos do mundo.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

A crise, o sistema e a soberanía

Convídovos a disfrutar dun documental producido por unha das organizacións máis serias e comprometidas coas clases populares do noso país. Máis clariño...

lunes, 7 de noviembre de 2011

Distribución da riqueza, orixe de toda crise.

Deixo aquí un video moi interesante, pese a estar no idioma de Shakespeare, sobre o reparto da riqueza nos E.E.U.U. Non hai solución posibel á situación actual de crise mentres non se aborde esta situación de polarización da riqueza.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Quén dí a verdade?.

Cantas mentiras sobre a "guerra libia"!, deixovos eiquí un vídeo de unha periodista que foi censurado en YouTube, haberá que preguntarse por qué.

Testigo de la situacion en Libia - video censurado en youtube from Georgina Miller Carrasco on Vimeo.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Seareiros

Comeza a campaña electoral coma se tratáse dun partido de fútbol deses que fan chamar do século, cos seareiros dos dous equipos monopolistas a piques de facer aflorar os seus instintos máis básicos no graderío, debidamente ataviados cos seus uniformes, cantando os seus respectivos himnos, berrando eufóricamente as consignas previamente ensinadas polos seus cabecillas peñistas para amedrentar aos contrarios, en tanto, no palco VIP, afastados da plebe seareira, os directivos dos equipos disfrutan vaidosamente de tan fervorosa ceremonia, conscente e deliberadamente aderezada polos seus medios de comunicación. Non importará que convenza o xogo, disfrutar do espectáculo e que gañe o mellor, habrá que vencer como sexa.
É unha mágoa, mais a democrácia convirtíuse nun vulgar espectáculo no que duas formacións alleas a nós e sempiternos brazos políticos do gran capital escenifican un gran espectáculo coa colaboración dos grandes departamentos de prensa dos poderes económicos, os medios de comunicación, para convencernos que non hai alternativas e que vivimos no mellor dos mundos posíbeis malia ser ostentosamente inxusto e atoparse nunha situación de deterioro irreversibel.
Como os equipos de fútbol, estas formacións políticas xerárquicamente estruturadas de arriba a abaixo e baleiras da máis mínima democrácia interna, necesitan de seareiros para a súa proxección social, seareiros que den a cara nas rúas, que fagan aportacións económicas e que disciplinadamente se movilicen para arroupar aos seus dirixentes sen decatárense que forman parte dun exercito de inocentes vítimas abrazando ao seu verdugo. Eles son do seu equipo, repiten ata a saciedade, como se de loros amaestrados se tratase, os slogans consignados polos seus inmediatos responsábeis, non importando o significado ou as consecuéncias que poida carrexar para eles mesmos e para o seu país, o importante é que o equipo gañe.
O noso país, sufridor secular das consecuéncias de exercer como colonia periférica do imperialismo imposto desde o propio estado e a U.E., non está para converterse en campo de batalla destos dous exércitos de seareiros lazarillos que inxenuamente lle fan o xogo ao gran capital, require dunha vez por todas afastarse de loitas estériles e tomar concencia de seu. Por tanto, perante a irresponsabilidade, ignorancia e inxenuidade destos pobres seareiros, incapaces de decatárense da súa complicidade con aqueles que ansían destruir o noso país para engordaren as súas arcas é máis necesario que nunca a fronte de todos aqueles que cremos no exercicio da soberanía como marco para crear as ferramentas que sempre nos foron negadas e que resultan imprescidíbeis para o noso desenvolvemento como pobo. A democrácia e a soberanía van sempre da man. Por Galiza!.