Benvid@ a ondanois, humilde recuncho da rede onde atoparás información e opinión para diagnosticar axeitadamente o "momento histórico" que estamos a vivir e afrontalo con unha xestión económico-política ao servizo das maiorías sociais dos pobos do mundo.

martes, 11 de octubre de 2011

O fin do capitalismo?

Previamente a comezar a falar de economía convén definir clara e nídiamente o significado de tan manida palabra e así evitar caer en deturpacións sobre a mesma, interesadamente realizadas para facela entrar no campo ideolóxico marcado polos capitalistas fundamentalistas do libre mercado espíndoa de gran parte das súas acepcións.
A raza humana foi capaz de sobrevivir e evolucionar grazas a súa capacidade para organizarse socialmente, convertíndo a economía nun piar fundamental da estrutura das relacións sociais. Podemos logo definir a economía como unha forma de relación social que permite a distribución dos bens e servizos producidos a partir dos recursos de que dispón o planeta e necesarios para cubrir as necesidades da sociedade. En base á definición compre destacar que os tres eixos centrais característicos da nosa existencia ao redor dos que viran as nosas vidas son a Sociedade, as Necesidades e os Recursos, que requiren da economía para armonizarse e atoparse en equilibrio. Se se repasa a historia da humanidade decatarémonos de que a evolución da sociedade vai parella á evolución da economía, independentemente do pobo no que se centre o estudo, malia contar cada un coas súas singularidades ao longo do proceso evolutivo.
Foi o uso, transformación e control dos recursos necesarios para satisfacer as necesidades dos pobos o factor que exerceu máis influenza para determinar a organización e estructuración das sociedades, é dicer, que determinou a política. É por isto que a economía e a política van sempre da man e polo tanto a expresión economía política resulta máis axeitada cando se trata a armonización dos tres eixos, Sociedade, Necesidades e Recursos.
A palabra economía perde o seu significado no seo do sistema capitalista xá que a deturpa de tal forma que remata converténdoa en un eufemismo do conxunto de prácticas empregadas para aumentar a taxa da ganancia e profundizar na acumulación de capital.
Agora que os termos quedan perfectamente definidos, podemos xá comezar a falar de economía ou economía política, punto de partida obrigado para iniciar calquera análise científica e obter unha diagnose inequívoca da situación de deterioro social na que nos atopamos inmersos.
O capitalismo, desde os seus inicios, non contempla a política dunha armonía equilibrada entre a sociedade, as necesidades e os recursos, a súa finalidade consiste en controlar e explotar compulsivamente recursos, xa sexan naturais, humans, ect, para obter o máximo rendimento posibel mercadeando coas necesidades de unha sociedade na que a obtención de rentas e reparto da riqueza transfírese pouco a pouco cara a unha minoritaria clase social cada vez máis poderosa, xerando unha desigualdade que remata sempre en unha crise da que os danmificados resultan ser sempre as clases sociais máis humildes e desfavorecidas.
Podemos afirmar sen temor a trabucarnos que a crise é o xen natural do capitalismo, forma parte do seu ADN, mais será tamen quén o destrúa por facer del un sistema cada vez máis inestabel.

No hay comentarios: