De novo quero compartir con tod@s vos as intervencións de Bernardo Valdés Paços, economista galego, Miren Etxezarreta, economista basca afincada en Catalunya e de Luciano Vasapollo, economista italiano. Tres fantánticas intervencións para invitarnos a reflexionar.

Benvid@ a ondanois, humilde recuncho da rede onde atoparás información e opinión para diagnosticar axeitadamente o "momento histórico" que estamos a vivir e afrontalo con unha xestión económico-política ao servizo das maiorías sociais dos pobos do mundo.
sábado, 8 de diciembre de 2012
martes, 27 de noviembre de 2012
Adrián Sotelo e Mª do Carme García Negro nas Xornadas Internacionais de Economía.
Esa férrea veda ideolóxica imposta polo Pensamento Único ficou aberta esta pasada fin de semana na Cidade de Lugo no marco das Xornadas Internacionais de Economía organizadas por FESGA coa colaboración da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, razón de máis para compartir con tod@s vos as ponencias e debates alí celebrados.
Adrián Sotelo, sociólogo mexicano e Mª do Carme García Negro, economista galega, foron os encargados de rachar o silencio imposto polas neoliberais clases dominantes.
sábado, 17 de noviembre de 2012
Conferencia de Álvaro García Linera, Vicepresidente do Estado Plurinacional de Bolivia.
Quero compartir con tod@s vos esta fantástica conferencia de Álvaro García Liñera porque creo, coma él, que a soberanía dos pobos é posibel, que a xustiza é posibel, que outro mundo é posibel se seguimos a traxectoria correcta.
jueves, 15 de noviembre de 2012
Xornadas Internacionais de Economía
Para todos aqueles que teñan inquedanzas sobor da situación económica que padecemos estou seguro que estas Xornadas van ser da súa interese. Recomendo a asistenza, poucas veces se ten a posibilidade de escoitar a Persoeiros de semellante relevancia na Economía Política. Sen dúbida, todo un luxo para a Cidade de Lugo.
Lugo,
23 e 24 de novembro de 2012 – Organiza a FESGA coa colaboración da
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Programa
das Xornadas Internacionais de Economía
Venres
23 de novembro:
16:30
h.- Recepción de participantes
17:00
h.- Acto de apertura das Xornadas
Manuel
Mera, Director da FESGA
António
Veiga Outeiro, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo
17:30
h.- Adrián
Sotelo Valencia
– México. [Sociólogo; Doutor en Estudos Latinoamericanos pola
FCPyS
da Universidade Autónoma de México;
Investigador no campo da socioloxía do traballo e da Teoría da
Dependencia no Centro de Estudos Latinoamericanos da FCPyS da UNAM]:
A
xénese da crise. Unha visión desde a Teoría da Dependencia.
18:15
h.- Debate
18:45
h.- María
do Carme García Negro
– Galiza. [Economista; Doutora en Ciencias Económicas; Profesora
Titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de
Santiago de Compostela; Investigadora no campo da Economía
Pesqueira]:
A
presente crise: unha interpretación sistémica.
19:30
h.- Debate
20:00
h.- Peche da sesión.
Sábado
24 de novembro – Sesión de mañá:
09:30
h.- Recepción de participantes
10:00
h.- Bernardo
Valdês Paços
– Galiza. [Economista; Licenciado en Economía pola Universidade de
Santiago de Compostela; Profesor da Área de Economía e Política
Agraria da Universidade de Santiago de Compostela; Investigador no
campo da Economía e Política Agraria]:
Sistema
agroalimentar, mundializaçom e crise: o caso galego.
10:45
h.- Debate
11:15
h.- Miren
Etxezarreta Zubizarreta
– Cataluña. [Economista; Doutora en Economía pola London
School of Economics
e pola Universitat
Autònoma de Barcelona;
Catedrática Emérita de Economía Aplicada da Universidade Autónoma
de Barcelona; Investigadora nos campos da Economía Agraria, Política
Económica e Desenvolvemento Económico; Integrante do do
Colectivo de Economía Crítica “Seminario TAIFA”]:
A
incidencia da Unión Europea na economía e nas políticas económicas
do Estado español.
12:00
h.- Debate
12:30
h.- Descanso
12:45
h. Luciano
Vasapollo
– Italia. [Economista; Doutor en Análise
Económico-Matemático-Estatístico dos Fenómenos Sociais pola
Universidade de Roma “La Sapienza”; Profesor de Análise de Datos
de Economía Aplicada na Universidade de Roma “La Sapienza”;
Director Científico do Centro de Estudos das Transformacións
Económico-Sociais (CESTES) e da Revista PROTEO; Investigador nos
campos da Estatística Económica, Transformacións Socio-económicas
no Mundo do Traballo e Economía Aplicada]:
Os
efectos sociais da crise na Europa.
13:30
h.- Debate
14:00
h.- Peche da sesión.
Sábado
24 de novembro – Sesión de tarde:
16:30
h.- Pedro
Carvalho
– Portugal. [Economista; Asesor no Gabinete Técnico da União de
Sindicatos do Porto da CGTP-IN]:
Saír
do euro? A moeda única europea a debate.
17:15
h.- Debate
17:45
h.- Rita
Martufi
– Italia. [Economista; Doutora en Economía pola Universidade de
Roma “La Sapienza”; Investigadora socioeconómica; Integrante do
Comité Científico do Centro de Estudos das Transformacións
Económico-Sociais (CESTES) e do Comité de Programación Científica
da Revista PROTEO; Representante da Federación Sindical Mundial
diante da FAO]:
A
saída á crise: cambio de modelo ou cambio de sistema?
18:30
h.- Debate
19:00
h.- Acto de Peche das Xornadas
Xesús
Seixo
– Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega – CIG
19:30
h.- Remate das Xornadas
martes, 6 de noviembre de 2012
jueves, 25 de octubre de 2012
O deseño do futuro, imos deixálos?
Nesta entrevista Nouriel Roubini, exercendo de portavoz, fica ben clariño cales son os planos do Gran Capital para solucionar a súa crise, a crise que eles mesmos crearon e que estamos a pagar as clases populares.
martes, 16 de octubre de 2012
sábado, 6 de octubre de 2012
lunes, 20 de agosto de 2012
A Teoría da Dependencia
A chave para a interpretación da situación socio-económico-política do noso País podémola atopar na Teoría da Dependencia e ninguén mellor que tres dos seus fundadores para achegarnos a ela.
viernes, 13 de julio de 2012
Causa ou síntoma?
Perante
a situación económico-política de emerxencia á que estamos
enfrontándonos compre identificar con claridade a causa orixinaria
da mesma e non confundila, de ningún xeito, coa sintomatoloxía que
manifeste, ou pola contra o diagnóstico resultará tan erróneo
como inútiles as medidas para arranxar a desfeita.
Resulta
evidente que estamos perante unha crise de caracter sistémico, é
dicer, unha crise do sistema capitalista froito das súas propias
contradicións. Non se pode manter un incremento da taxa da ganancia
tendente ao infinito nun entorno de recursos limitados sen
desequilibrar a balanza Capital/Traballo en favor do Capital xerando unha polaridade abismal do reparto da riqueza. Velaquí a
causa orixinaria da Crise, nada máis sinxelo.
Chegados
a este punto, é incuestionabel que a loita de clases define o marco
da procura de solucións, na que polo de agora, o Capital leva clara
vantaxe amparado xurídicamente por unhos Estados disfrazados de
democráticos e debidamente diseñados á súa medida. Neste
contexto, unha das estratexias da súa loita consiste en abrir un
enganoso debate ao redor da sintomatoloxía que lle permita agochar a
causa orixinaria para procurarse unha posición que lexitime o seu
privilexio fronte ás clases populares.
Graves
problemas como a crise financieira, a débeda, o déficit e o
desemprego non son máis que os grandes síntomas desta Crise, xa que
logo, desenvolver unha estratexia anticrise centrada en darlles
solucións de xeito individual soamente agravará máis a situación
para as clases populares, tal como está a suceder.
Non
é casualidade que a meirande parte da clase política, aqueles que
fan bo o dito de “todos son iguais”, contando coa colaboración
dos grandes e non tan grandes, medios de comunicación propiedade do
gran capital, centren a súa actividade a reducir o debate ao redor da
sintomatoloxía. Ben saben que a supervivencia do Sistema pende dun
fío, un fío que as clases populares poden cortar en calquera
momento se o centro do debate, desviándose da sintomatoloxía, se
centrase na causa orixinaria.
É
por isto fundamental que a Economía Política se instale no centro
do gran debate destos tempos para espir ideolóxicamente as teses
doutrinais económico-políticas desenvoltas para xustificar o
salvamento do Sistema propiciando o troco cara a un modelo
económico-social pernicioso para as clases populares, a inmensa
maioría social do País e do resto do mundo.
martes, 10 de julio de 2012
martes, 3 de julio de 2012
lunes, 4 de junio de 2012
jueves, 10 de mayo de 2012
miércoles, 2 de mayo de 2012
Banca pública galega xá.
Xá era hora que se tomase esta iniciativa, a axenda política do noso País require de iniciativas alternativas. De momento permitirá abrir un debate no seo das clases populares galegas. Hai alternativas, hai solucións, hai pobo, hai futuro, vaiamos camiñando!.
sábado, 21 de abril de 2012
Economistas da Universidade de Londres avogan pola reforma ou a saída da Zona Euro para enfrontar a crise da débeda pública.
Os autores (C. Lapavitsas, A. Kaltenbrunner, D. Lindo, J. Michell, J.P. Painceira, E. Pires, J. Powell, A. Stenfors, N. Teles) vinculan a crise da débeda grega aos superávit externos alemáns.
Segundo os economistas do grupo de investigación Research on Money and Finance da Universidade de Londres a crise da débeda pública dos países periféricos da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Italia, Portugal e España) ten a súa orixe nos superávit por conta corrente de Alemaña e avogan pola reforma ou a saída da Zona Euro para enfrontala. Estas son as dúas principais conclusións do seu recente informe "Eurozone Crise: Beggar Thyself and Thy Neighbour" ("A crise na Zona Euro: Empobrecéndote a ti e ao teu veciño").
Segundo explican, debido ás restricións impostas pola Unión Monetaria Europea, a economía alemá puido gañar competitividade durante a época de crecemento anterior á crise unicamente sobre a base de contraer os salarios internamente. Mentres que isto ocorría, os superávit externos logrados sostivéronse sobre os déficit paralelos de economías como a grega ou a española. Coa chegada da crise en 2007 e 2008, o BCE saíu ao rescate dos bancos, atendendo as súas necesidades de liquidez. Con todo, a partir de 2009, cando foron os Estados os que necesitou o financiamento do Banco Central, este mirou cara a outro lado. Isto obrigou aos gobernos a exporse á especulación dos mercados financeiros, ameazando as contas públicas. Deste xeito, agora os países periféricos ven obrigados a impor unhas severas políticas de austeridade, cunha condicionalidad semellante á dos préstamos do FMI, pero sen recibir ningunha axuda en forma de préstamo.
Fronte a esta situación, segundo os economistas da Universidade de Londres, só existirían dúas saídas alternativas para eses países. Unha, que se impulsase unha reforma profunda da Zona Euro, cunha maior liberdade fiscal para os Estados membros, un orzamento europeo ampliado e o establecemento dun salario mínimo a escala europea, entre outras medidas. A outra opción, sería a saída da moeda única, o que implicaría unha depreciación e unha reestruturación inmediata da débeda, ademais de medidas como a nacionalización da banca, a posta en marcha dunha política industrial e un reequilibrio do balance político e económico a favor do traballo.
Para máis información: www.researchonmoneyandfinance.org
viernes, 20 de abril de 2012
Congresso Internacional Marx em Maio
Acontecementos como este Congreso, a celebrarse en Lisboa a primeiros de Maio, permiten agardar o futuro con optimismo.
marxemmaio.wordpress.com/
marxemmaio.wordpress.com/
jueves, 23 de febrero de 2012
sábado, 11 de febrero de 2012
O diñeiro é débeda I e II.
Estos dous documentais resultan de utilidade para comprender o funcionamento do Sistema Monetario como mecanismo do sistema capitalista.
Recomendo a súa visualización e posterior espallamento, son moi pedagóxicos.
De novo, espero que vos axude a comprender.
Recomendo a súa visualización e posterior espallamento, son moi pedagóxicos.
De novo, espero que vos axude a comprender.
jueves, 2 de febrero de 2012
Entrevista a Richard Heinberg
Interesante entrevista a Richard Heinberg publicada hoxe polo diario dixital Rebelión sobor o Peak Oil.
miércoles, 25 de enero de 2012
Inside Job
Este documental relata o desenlace da crise financieira global. É un bó traballo sobre a sintomatoloxía mais non entra no máis importante, a causa da mesma.
lnside J0B - Trabajo Interno - dobaldo a Español - Hispano from Javier Catania on Vimeo.
jueves, 19 de enero de 2012
Maxistral conferencia de Bernd Senf, 2º parte.
Convídovos a ver e escoitar a 2º parte da conferencia de Bernd Senf e que a compartedes coas vosas amizades.
viernes, 13 de enero de 2012
Oil Crash e a ofensiva imperialista.
Deixovos con unha pequena charla de Antonio Turiel Martínez, investigador do CSIC en Oceanografía Física e autor do blogue The Oil Crash na que, aparte de cuestionar o sistema económico vixente (capitalista), pronostica unha loita polo control dos recursos por parte das potencias imperialistas. Os acontecementos do norte de África, Medio Leste e Asia parecen confirmar ésta teoría.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)