Perante
a situación económico-política de emerxencia á que estamos
enfrontándonos compre identificar con claridade a causa orixinaria
da mesma e non confundila, de ningún xeito, coa sintomatoloxía que
manifeste, ou pola contra o diagnóstico resultará tan erróneo
como inútiles as medidas para arranxar a desfeita.
Resulta
evidente que estamos perante unha crise de caracter sistémico, é
dicer, unha crise do sistema capitalista froito das súas propias
contradicións. Non se pode manter un incremento da taxa da ganancia
tendente ao infinito nun entorno de recursos limitados sen
desequilibrar a balanza Capital/Traballo en favor do Capital xerando unha polaridade abismal do reparto da riqueza. Velaquí a
causa orixinaria da Crise, nada máis sinxelo.
Chegados
a este punto, é incuestionabel que a loita de clases define o marco
da procura de solucións, na que polo de agora, o Capital leva clara
vantaxe amparado xurídicamente por unhos Estados disfrazados de
democráticos e debidamente diseñados á súa medida. Neste
contexto, unha das estratexias da súa loita consiste en abrir un
enganoso debate ao redor da sintomatoloxía que lle permita agochar a
causa orixinaria para procurarse unha posición que lexitime o seu
privilexio fronte ás clases populares.
Graves
problemas como a crise financieira, a débeda, o déficit e o
desemprego non son máis que os grandes síntomas desta Crise, xa que
logo, desenvolver unha estratexia anticrise centrada en darlles
solucións de xeito individual soamente agravará máis a situación
para as clases populares, tal como está a suceder.
Non
é casualidade que a meirande parte da clase política, aqueles que
fan bo o dito de “todos son iguais”, contando coa colaboración
dos grandes e non tan grandes, medios de comunicación propiedade do
gran capital, centren a súa actividade a reducir o debate ao redor da
sintomatoloxía. Ben saben que a supervivencia do Sistema pende dun
fío, un fío que as clases populares poden cortar en calquera
momento se o centro do debate, desviándose da sintomatoloxía, se
centrase na causa orixinaria.
É
por isto fundamental que a Economía Política se instale no centro
do gran debate destos tempos para espir ideolóxicamente as teses
doutrinais económico-políticas desenvoltas para xustificar o
salvamento do Sistema propiciando o troco cara a un modelo
económico-social pernicioso para as clases populares, a inmensa
maioría social do País e do resto do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario