Compre lembrar que a Economía é unha
forma de relación social que permite a satisfación das necesidades
sociais a partir dos recursos dispoñibeis.
O sistema económico capitalista fica
lonxe de axustarse a esta definición: estrutura a sociedade en
clases, non cubre as necesidades sociais de toda a poboación e
consume unhos recursos finitos para xerar un crecente beneficio en
favor da clase explotadora a costa da explotada.
A globalización, máximo exponente do
imperialismo, é a ferramenta do sistema para a súa expansión, mais
tamén ten un límite: non se pode medrar de forma indefinida a costa
dunhos recursos finitos sen provocar un colapso, a crise actual é
consecuéncia deste colapso.
Déixovos cun interesante video, espero
que vos guste:
No hay comentarios:
Publicar un comentario