Grandes titulares na prensa xeralista, voces do seu amo, para anunciarnos o gran acordo do cumio de xefes de estado da Unión Europea. Eufóricos, anúnciannos a salvación do Euro e do sistema financieiro mundial, mais non din o máis mínimo sobre as consecuencias desastrosas que este acordo vai procurar as clases populares, e nomeadamente as da periferia europea.
O gran acordo do “consello de administración do gran capital”, capitaneado por Fraumerkel e supervisado polo gran infiltrado de Wall Street e da City, Mr. Cameron, logra o seu obxetivo de evitar, polo de agora, unha crise financieira que causaría moitas baixas entre os actores da escea financieira internacional.
Moitos preguntaránse porqué a débeda dunha economía como a grega, que representa únicamente o 2% do PIB europeo, ten capacidade para xerar unha reación en cadea que poña en risco todo o tinglado financieiro mundial. A resposta é moi sinxela, esa débeda grega e por extensión a débeda xeral, ben sexa pública ou privada, serve de base para a especulación con derivados financieiros, derivados que teoricamente servirían como cobertura de risco, mais na práxe non son máis que instrumentos especulativos nos que a entidade que garantiza os títulos consegue unha boa suma de diñeiro cobrando primas coa inestimábel axuda das axencias de calificación e as entidades propietarias dos mesmos cubren riscos de impago, ou dito de outra maneira, fan apostas sobre os devanditos títulos . Se temos en conta que sobre un mésmo título de débeda, pode pesar unha chea de títulos derivados (CDS) asociados, un impago por parte do emisor suporía a quebra das entidades financieiras aseguradoras por non dispoñer de liquidez para facer fronte á cobertura, arrastrando consigo a todo o sistema financieiro, núcleo do sistema capitalista. Cómpre sinalar que son precisamente catro grandes entidades financieiras con sede en Wall Street e na City quenes teñen no seu seo a prática totalidade dos derivados e debemos ter en conta que o mercado das devanditas coberturas (CDS) supón unha cantidade lixeiramente superior a nove veces o PIB mundial, para botarse a tremer e de ahí a especial interese de Mr. Cameron neste cumio.
De novo, as decisións tomadas, a asunción dunha quita da metade da débeda grega por parte da banca europea, a recapitalización da mesma e a ampliación do fondo de rescate, non supoñen máis que un pequeno parche para manter vivo unhas semanas máis un sistema capitalista monopolista financiarizado moribundo á conta das clases traballadoras.
Evidentemente, os grandes medios non nos dín que a asunción da quita non vai ser gratuita, cobraráse en especie a conta do pobo grego apropiándose de infraestructuras e con un plan de privatizacións dos servizos públicos, a recapitalización da banca para cubrir o furado de tan mínima quita suporá un estrangúlamento económico de primeira orde que influirá á baixa na recaudación fiscal, obrigando a un adelgazamento do sistema público para equilibrar o déficit e facer fronte aos vencementos da débeda e a ampliación do fondo de rescate faráse tamén a conta de máis endebedamento público que a súa vez retroalimentará toda esta diabólica espiral.
Non cabe dúbida que estamos ante unha gran estafa, posibelmente a máis grande da historia da humanidade, unha contínua expropiación dos recursos da maioría mediante a chantaxe de unha minoría e coa inestimábel axuda de unhos charlatáns que nos gobernan, unhos de forma explícita e otros co inxenuo disfraz de domadores do sistema, prostituindo o dereito inalienábel á soberanía.
Á vista do deterioro económico derivado da socialización das perdas das entidades financieiras nos últimos tempos, resuta paradóxico que se atrevan a afirmar que esta restra de medidas son tomadas a prol de garantir o crecemento económico, sen máis argumentación que a fé cega na doutrina ideolóxica neoliberal.
Velaí que definintivamente, tómannos por parvos!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario